luns, 5 de maio de 2014

Mantén limpo o teu cole

Esta presentación é un resumo da vosa participación no concurso "Mantén limpo o teu cole". Lembrade que o obxectivo era concienciarvos da importancia de manter limpos os espazos que compartimos, entre eles loxicamente está o noso colexio.
Todo isto non servirá de nada se seguimos botando lixo ao chan. Non costa ningún traballo dirixirse ás papeleiras, así que adoitade boas prácticas e...

                                 "MANTEÑAMOS LIMPO O NOSO COLE"