mércores, 11 de decembro de 2019

MAGOSTO NO WENCESLAO

Este ano no cole do Wenceslao, decidimos facer uns xogos moi chulos para celebrar o Magosto.
Días antes decoramos o cole con motivos de Outono e preparámonos para papar castañas a esgalla...
O Venres enchémonos coas castañas que estaban riquísimas, aínda que algún gusaniño vimos... e despois dispuxémonos a xogar a uns xogos súper divertidos, tanto foi así que soou a música e aínda estabamos a xogar.

Así quedamos fartiños de castañas e con moitas ganas de volver a desfrutar o ano que ven....


venres, 28 de xuño de 2019

FIN DE CURSO SEGUNDA PARTE

O pasado venres 21 de xuño tivemos a despedida do curso escolar no noso cole.
Foi un día diferente, amenizado con obradoiros de maxia e pompas de xabón, flocos de millo, chocolate con churros, xogos e festa para despedirnos durante o verán.
Grazas á ANPA pola súa colaboración.
DESEXÁMOSVOS A TODOS UN MOI BO VERÁN E UNHAS FELICES VACACIÓNS!

venres, 21 de xuño de 2019

CELEBRACIÓNS DE FIN DE CURSO PRIMEIRA PARTE

Este ano despedimos a directora do noso cole, polo que preparamos unha pequena sorpresa para agradecerlle todos estes anos de adicación ao centro.
Deixamos por aquí uns vídeos resumo da celebración.
Tamén cantamos...
E lle demos as grazas...
O dito, ANA, moitas grazas por todos estes anos e boa sorte na nova viaxe!

xoves, 30 de maio de 2019

TEATRO COS NENOS DE 6º DE ED. INFANTIL

O fin de curso está moi preto, e con el chegan as celebracións. Comezamos cunhas representacións teatrais moi divertidas por parte dos nenos de 6º de Ed. Infantil. Quedamos todos abraiados do grandes actores que son estes pequenos!
Deixámosvos por aquí os vídeos
6º Ed. infantil A


6º Ed. Infantil B


PARABÉNS AOS ACTORES E AS SÚAS MESTRAS! QUE GRANDE TRABALLO!

luns, 11 de marzo de 2019

xoves, 7 de marzo de 2019

ACTUACIÓNS ENTROIDO 2019

O pasado venres 1 de marzo celebramos o Entroido no colexio. Para a ocasión, o alumnado prepararou, xunto cos seus mestres, uns bailes moi animados.
Dentro da temática deste curso, os disfraces estaban inspirados en personaxes de diferentes bandas deseñadas.
Deixámosvos a continuación os vídeos das actuacións.
Ed. Infantil convertidos nas personaxes de Astérix e Obélix!
1º e 2º de primaria coma personaxes do Mundo Pitufo:
Os nenos de 3º e 4º inspiráronse en Popeye:
E o alumnado de 5º e 6º de primaria convertéronse en superheroes:


PARABÉNS A TODOS! O esforszo de seguro pagou a pena!
Nunha próxima entrada compartiremos algunhas imaxes máis do noso Entroido fantástico e unha actuación moi especial que tivemos no cole.

sábado, 2 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ 2019

Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o Día da Paz. 
Entre todos, decoramos as escaleiras principais do edificio con mensaxes de paz que poderemos así recordar cada día.

Ademais disto, cantamos todos xuntos unha versión da canción "Vivir sin aire" de Maná, feita pola profe de música, Marisol. Para preparala contamos tamén coa axuda dunha mamá de dous alumnos do centro, que nos ensinou a interpretar o retrouso con linguaxe de signos. Aqui vos deixamos o vídeo.

Ademais disto, durante toda a mañán, celebráronse carreiras solidarias nas que participaron todo o alumnado do cole e tamén algunhas familias. Con elas recaudamos diñeiro para a organización Save the Children.





martes, 8 de xaneiro de 2019

NADAL 2018

O último día de cole antes das vacacións de Nadal cantamos todos xuntos unha canción. Deixámosvos aquí o vídeo da nosa actuación.



Tamén se fixo entrega dos premios ás familias participantes no concurso de panxoliñas en familia. Aquí vos deixamos algunhas fotos, e podedes consultar un vídeo da mesma no blog de música do cole.





Moitas grazas a todos pola participación!