luns, 14 de decembro de 2015

Ola, amiguiños e amiguiñas...

Parece que tardan as cousas pero o caso é que vaian chegando. Velaquí tedes as probas de que tivemos un magosto marabilloso no noso Wenceslao. Houbo manualidades, música, castañas asadas, zume e xogos, MOITOS xogos. 

Grazas ao equipo de profesorado que organizou e supervisou a "Iª Xincana do Magosto" e nomeadamente grazas ao alumnado que participou con ilusión e empeño !