Deixámosvos por aquí unha pequena compilación de imaxes do noso Entroido no colexio.
luns, 11 de marzo de 2019
xoves, 7 de marzo de 2019
ACTUACIÓNS ENTROIDO 2019
O pasado venres 1 de marzo celebramos o Entroido no colexio. Para a ocasión, o alumnado prepararou, xunto cos seus mestres, uns bailes moi animados.
Dentro da temática deste curso, os disfraces estaban inspirados en personaxes de diferentes bandas deseñadas.
Deixámosvos a continuación os vídeos das actuacións.
Ed. Infantil convertidos nas personaxes de Astérix e Obélix!
1º e 2º de primaria coma personaxes do Mundo Pitufo:
Os nenos de 3º e 4º inspiráronse en Popeye:
E o alumnado de 5º e 6º de primaria convertéronse en superheroes:
PARABÉNS A TODOS! O esforszo de seguro pagou a pena!
Nunha próxima entrada compartiremos algunhas imaxes máis do noso Entroido fantástico e unha actuación moi especial que tivemos no cole.
sábado, 2 de febreiro de 2019
DÍA DA PAZ 2019
Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o Día da Paz.
Entre todos, decoramos as escaleiras principais do edificio con mensaxes de paz que poderemos así recordar cada día.
Ademais disto, cantamos todos xuntos unha versión da canción "Vivir sin aire" de Maná, feita pola profe de música, Marisol. Para preparala contamos tamén coa axuda dunha mamá de dous alumnos do centro, que nos ensinou a interpretar o retrouso con linguaxe de signos. Aqui vos deixamos o vídeo.
Ademais disto, durante toda a mañán, celebráronse carreiras solidarias nas que participaron todo o alumnado do cole e tamén algunhas familias. Con elas recaudamos diñeiro para a organización Save the Children.
martes, 8 de xaneiro de 2019
NADAL 2018
O último día de cole antes das vacacións de Nadal cantamos todos xuntos unha canción. Deixámosvos aquí o vídeo da nosa actuación.
Tamén se fixo entrega dos premios ás familias participantes no concurso de panxoliñas en familia. Aquí vos deixamos algunhas fotos, e podedes consultar un vídeo da mesma no blog de música do cole.








Moitas grazas a todos pola participación!
mércores, 28 de novembro de 2018
25 DE NOVEMBRO - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O pasado venres 23 de novembro, tivemos no cole un acto de protesta contra a violencia de xénero. Deixámosvos o vídeo a continuación.
martes, 18 de setembro de 2018
NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA.
Ola a todos! Xa estamos de Volta un curso máis. E que mellor para comenzar que compartir un grande recordo do curso pasado: a obra de teatro que os nenos de 3º representaron para todo o colegio e as súas familias en fin de curso. Que ben o pasamos con estes artistas!
Velaí vai, en dúas partes, "NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA"
De novo, PARABÉNS aos nenos de 3º e as súas mestras.
E MOI FELIZ CURSO A TODOS!
luns, 4 de xuño de 2018
Os rapaces e rapazas de 6º fixeron un programa de radio sobre o uso dos dispositivos móviles na aula. Botádelle un ollo!
Listen to "DDMM no Cole?" on Spreaker.
Listen to "DDMM no Cole?" on Spreaker.
luns, 23 de abril de 2018
Dia do libro 2018
Hoxe, como era o día do libro, fixemos algo especial. Saímos ó patio a ler os nosos libros favoritos!!!
mércores, 4 de abril de 2018
VISITA SÉS
Hoxe tivemos a sorte de contar no cole con SÉS, cantante e compositora galega.
Para conmemorar o 8 de Marzo, Día da Muller, a rapazada de 6º de Primaria escolleuna para traballar a súa biografía e coñecer máis sobre a súa carreira musical.
Encantounos coñecela, estivo moi cercana, cariñosa e amable!
Mil grazas por vir a coñecernos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)