mércores, 28 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado venres 23 de novembro, tivemos no cole un acto de protesta contra a violencia de xénero. Deixámosvos o vídeo a continuación.

martes, 18 de setembro de 2018

NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA.

Ola a todos! Xa estamos de Volta un curso máis. E que mellor para comenzar que compartir un grande recordo do curso pasado: a obra de teatro que os nenos de 3º representaron para todo o colegio e as súas familias en fin de curso. Que ben o pasamos con estes artistas! Velaí vai, en dúas partes, "NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA"




 De novo, PARABÉNS aos nenos de 3º e as súas mestras. E MOI FELIZ CURSO A TODOS!

luns, 4 de xuño de 2018

Os rapaces e rapazas de 6º fixeron un programa de radio sobre o uso dos dispositivos móviles na aula. Botádelle un ollo!
Listen to "DDMM no Cole?" on Spreaker.

luns, 23 de abril de 2018

Dia do libro 2018

Hoxe, como era o día do libro, fixemos algo especial. Saímos ó patio a ler os nosos libros favoritos!!!

mércores, 4 de abril de 2018

VISITA SÉS

Hoxe tivemos a sorte de contar no cole con SÉS, cantante e compositora galega.

Para conmemorar o 8 de Marzo, Día da Muller, a rapazada de 6º de Primaria escolleuna para traballar a súa biografía e coñecer máis sobre a súa carreira musical.

Encantounos coñecela, estivo moi cercana, cariñosa e amable!

Mil grazas por vir a coñecernos!








martes, 20 de marzo de 2018

CELEBRAMOS A SEMANA DAS TIC ...

 
Nesta última semana do trimestre celebramos no colexio a Semana das TIC. Como é o mes da muller desenvolveremos unha actividade baseada na lectura de códigos qr. A través da actividade coñecemos a varias mulleres artistas que fixeron historia.
Como complemento á actividade, os maiores do colexio traballamos coa seguinte actividade Lim.

Aquí tendes un vídeo sobre a actividade! Noraboa polo resultado a todxs!!!


sábado, 24 de febreiro de 2018

Entroido 2018: Aprendendo a pensar!

Este ano celebramos o Entroido baixo o lema "Aprendendo a pensar", que cada grupo interpretou dende o seu punto de vista: Tivemos contos, oficios, superhéroes, a selva, personaxes pioneiras,...
Ahí van algúns vídeos da celebración que fixemos no polideportivo. Pronto teremos máis!
Noraboa polos vosos disfraces!!!



martes, 30 de xaneiro de 2018

Día da PAZ 2018

Para celebrar o día da PAZ 2018, este ano cantamos todos xuntos esta canción de Macaco. Ademáis intercambiamos mensaxes metidas nunha botella entre os diferentes cursos!