domingo, 20 de decembro de 2020

FELICITACIÓNS NAVIDEÑAS DAS FAMILIAS. NADAL2020.

 Moitísimas grazas a todos por participar. Os vídeos son preciosos.

BO NADAL !!🎅🎄🎅🎄

 JIMENA CARRO E FAMILIA


  RODRIGO NAVARRETE E FAMILIA

     
     LÚA BARBOZA E FAMILIA                                                  


 LORIÉN E XOEL RODRÍGUEZ, E FAMILIA



 ARI E DIEGO ÁLVAREZ E FAMILIA



                                              
       


sábado, 5 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA. 20 DE NOVEMBRO DE 2020


O día 20 de novembro, celebrouse  o Día Internacional da Infancia, e os alumnos de 2º de Ed. Primaria queren amosarnos os seus traballos. Noraboa a todos/as.
 

luns, 30 de novembro de 2020

CEIP WENCESLAO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, 25 NOVEMBRO DE 2020

Ao longo do mes de novembro, estivemos a traballar no tema da violencia de xénero; este vídeo recolle as frases inventadas polo alumnado, para manifestar o noso rexeitamento a este gran problema. Moitas grazas a todos os participantes.






ALUMNOS DE 4ºA

 

xoves, 12 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Montaxe elaborada polo Equipo de Actividades Extraescolares do centro, con recursos (cancións, curtametraxes, lecturas...) que esperamos vos sexan de utilidade nas aulas.Premede na imaxen para comenzar.



xoves, 5 de novembro de 2020

SAMAÍN 2020

O equipo de actividades complementarias e extraescolares do centro elaborou esta montaxe  de Samaín.

Grazas a todo o alumnado por participar.


mércores, 8 de abril de 2020

"VOLVEREMOS A JUNTARNOS"

Moitas grazas a todos os alumnos e alumnas de 6º de Primaria por enviarnos este fermoso vídeo elaborado por eles. 

sábado, 4 de abril de 2020

VAI POR VÓS!!!!

Adicado a todo o noso alumnado e as súas familias, con moito agarimo!!!
Volveremos a estar xuntos !!

A

xoves, 19 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020


O día 21  de febreiro celebramos no cole os nosos "Xogos Olímpicos" particulares.
Da man dos nosos fantásticos presentadores, Ángela, Martín e Lola , alumnos de 6º, foron desfilando un montón de deportistas.
Aquí tedes as montaxes de vídeo, feitas polo mestre Rafa, ao que lle damos as grazas por este magnífico traballo.

ALUMNADO E PROFES DE EDUCACIÓN INFANTIL



ALUMNADO E PROFES DE  1º CICLO



ALUMNADO E PROFES DE  2º CICLO



ALUMNADO E PROFES DE  3º CICLO

sábado, 8 de febreiro de 2020

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ 2020

O xoves, día 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz. 
Durante toda a mañán os rapaces e rapazas participaron na carreira solidaria "Save The Children", organizada polos profes de Educación Física. Nesta actividade tamén participaron ás familias. 
Ademáis fixemos un acto conxunto con diversas actuacións.
Finalmente, decir que ao longo do mes de xaneiro fixemos diversos traballos sobre este Día internacional da Paz, que podedes ver no primeiro montaxe de vídeo que aparece a continuación.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS MESTRES/AS E A TODO O ALUMNADO POLA VOSA COLABORACIÓN





CARREIRA SOLIDARIA



ACTUACIÓNS




NADAL 2019

O venres, 20 de decembro, houbo diversas actividades no cole, para celebrar a chegada do Nadal. Os máis pequenos foron a entregar as súas cartas aos Reis Magos, mentres os maiores tiñan diversos obradoiros nas aulas.
Despois os rapaces e rapazas degustaron a merenda que ofreceu a AMPA  a todo o alumnado do centro.
Ao finalizar o  recreo, xuntámonos para cantar  e facer a entrega de premios do II Concurso de Panxoliñas : "Cambre Canta Panxoliñas en Familia".
Aquí  deixamos algún vídeo. Esperamos que vos guste!!!!!!

       

    

          

   

venres, 7 de febreiro de 2020

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 DE NOVEMBRO de 2019.

O día 25 de novembro, fixemos no cole varias actividades para  reflexionar sobre o gran problema da violencia de xénero.
A organización INNOVAMOS da Coruña ofreceunos un Contacontos  titulado "Pepuka y el monstruo que le robó la sonrisa".
 Posteriormente o alumnado participou nun taller creativo no que debuxaron á protagonista sobre un folio de cor violeta.
Para finalizar xuntámonos no patio e fixemos un gran lazo humano.