venres, 28 de xuño de 2019

FIN DE CURSO SEGUNDA PARTE

O pasado venres 21 de xuño tivemos a despedida do curso escolar no noso cole.
Foi un día diferente, amenizado con obradoiros de maxia e pompas de xabón, flocos de millo, chocolate con churros, xogos e festa para despedirnos durante o verán.
Grazas á ANPA pola súa colaboración.
DESEXÁMOSVOS A TODOS UN MOI BO VERÁN E UNHAS FELICES VACACIÓNS!

venres, 21 de xuño de 2019

CELEBRACIÓNS DE FIN DE CURSO PRIMEIRA PARTE

Este ano despedimos a directora do noso cole, polo que preparamos unha pequena sorpresa para agradecerlle todos estes anos de adicación ao centro.
Deixamos por aquí uns vídeos resumo da celebración.
Tamén cantamos...
E lle demos as grazas...
O dito, ANA, moitas grazas por todos estes anos e boa sorte na nova viaxe!