martes, 6 de decembro de 2016

No noso centro, no noso concello, pola igualdade.


Grazas á iniciativa do Concello de Cambre, tivemos no centro escolar un acto para a conmemoración do Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Velaquí podedes ver un resumo dese acto...









luns, 31 de outubro de 2016

XA CHEGOU, XA ESTÁ AQUÍ...Con todos os seus medos, o SAMAÍN !

Chegou o Samaín ao noso Wenceslao. As portas énchense de monstros e bruxas.; fantasmas percorren os corredores do colexio; cabazas macabras e divertidas amoréanse onda as aulas...

E desde a biblioteca, voan os libros  de medo, cheos dos contos de dos debuxos de autores galegos. Voan ata pousarse nas abas da capa da bruxa Cara Verde, que adorna a entrada principal da nosa escola.


Tremede e lede ... no Samaín 2016!