O pasado venres 21 de xuño tivemos a despedida do curso escolar no noso cole.
Foi un día diferente, amenizado con obradoiros de maxia e pompas de xabón, flocos de millo, chocolate con churros, xogos e festa para despedirnos durante o verán.
Grazas á ANPA pola súa colaboración.
DESEXÁMOSVOS A TODOS UN MOI BO VERÁN E UNHAS FELICES VACACIÓNS!
O fin de curso está moi preto, e con el chegan as celebracións. Comezamos cunhas representacións teatrais moi divertidas por parte dos nenos de 6º de Ed. Infantil. Quedamos todos abraiados do grandes actores que son estes pequenos!
Deixámosvos por aquí os vídeos
6º Ed. infantil A
6º Ed. Infantil B
PARABÉNS AOS ACTORES E AS SÚAS MESTRAS! QUE GRANDE TRABALLO!
Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o Día da Paz.
Entre todos, decoramos as escaleiras principais do edificio con mensaxes de paz que poderemos así recordar cada día.
Ademais disto, cantamos todos xuntos unha versión da canción "Vivir sin aire" de Maná, feita pola profe de música, Marisol. Para preparala contamos tamén coa axuda dunha mamá de dous alumnos do centro, que nos ensinou a interpretar o retrouso con linguaxe de signos. Aqui vos deixamos o vídeo.
Ademais disto, durante toda a mañán, celebráronse carreiras solidarias nas que participaron todo o alumnado do cole e tamén algunhas familias. Con elas recaudamos diñeiro para a organización Save the Children.
O último día de cole antes das vacacións de Nadal cantamos todos xuntos unha canción. Deixámosvos aquí o vídeo da nosa actuación.
Tamén se fixo entrega dos premios ás familias participantes no concurso de panxoliñas en familia. Aquí vos deixamos algunhas fotos, e podedes consultar un vídeo da mesma no blog de música do cole.
Ola a todos! Xa estamos de Volta un curso máis. E que mellor para comenzar que compartir un grande recordo do curso pasado: a obra de teatro que os nenos de 3º representaron para todo o colegio e as súas familias en fin de curso. Que ben o pasamos con estes artistas!
Velaí vai, en dúas partes, "NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA"
De novo, PARABÉNS aos nenos de 3º e as súas mestras.
E MOI FELIZ CURSO A TODOS!