Montaxe elaborada polo Equipo de Actividades Extraescolares do centro, con recursos (cancións, curtametraxes, lecturas...) que esperamos vos sexan de utilidade nas aulas.Premede na imaxen para comenzar.
xoves, 12 de novembro de 2020
xoves, 5 de novembro de 2020
SAMAÍN 2020
O equipo de actividades complementarias e extraescolares do centro elaborou esta montaxe de Samaín.
Grazas a todo o alumnado por participar.
mércores, 8 de abril de 2020
"VOLVEREMOS A JUNTARNOS"
Moitas grazas a todos os alumnos e alumnas de 6º de Primaria por enviarnos este fermoso vídeo elaborado por eles.
sábado, 4 de abril de 2020
VAI POR VÓS!!!!
Adicado a todo o noso alumnado e as súas familias, con moito agarimo!!!
Volveremos a estar xuntos !!
A
xoves, 19 de marzo de 2020
ENTROIDO 2020
O día 21 de febreiro celebramos no cole os nosos "Xogos Olímpicos" particulares.
Da man dos nosos fantásticos presentadores, Ángela, Martín e Lola , alumnos de 6º, foron desfilando un montón de deportistas.
Aquí tedes as montaxes de vídeo, feitas polo mestre Rafa, ao que lle damos as grazas por este magnífico traballo.
ALUMNADO E PROFES DE EDUCACIÓN INFANTIL
ALUMNADO E PROFES DE 1º CICLO
ALUMNADO E PROFES DE 2º CICLO
ALUMNADO E PROFES DE 3º CICLO
sábado, 8 de febreiro de 2020
ACTIVIDADES DÍA DA PAZ 2020
O xoves, día 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz.
Durante toda a mañán os rapaces e rapazas participaron na carreira solidaria "Save The Children", organizada polos profes de Educación Física. Nesta actividade tamén participaron ás familias.
Ademáis fixemos un acto conxunto con diversas actuacións.
Finalmente, decir que ao longo do mes de xaneiro fixemos diversos traballos sobre este Día internacional da Paz, que podedes ver no primeiro montaxe de vídeo que aparece a continuación.
CARREIRA SOLIDARIA

MOITAS GRAZAS A TODOS OS MESTRES/AS E A TODO O ALUMNADO POLA VOSA COLABORACIÓN
CARREIRA SOLIDARIA
ACTUACIÓNS
NADAL 2019
O venres, 20 de decembro, houbo diversas actividades no cole, para celebrar a chegada do Nadal. Os máis pequenos foron a entregar as súas cartas aos Reis Magos, mentres os maiores tiñan diversos obradoiros nas aulas.
Despois os rapaces e rapazas degustaron a merenda que ofreceu a AMPA a todo o alumnado do centro.
Ao finalizar o recreo, xuntámonos para cantar e facer a entrega de premios do II Concurso de Panxoliñas : "Cambre Canta Panxoliñas en Familia".
Aquí deixamos algún vídeo. Esperamos que vos guste!!!!!!

venres, 7 de febreiro de 2020
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 DE NOVEMBRO de 2019.
O día 25 de novembro, fixemos no cole varias actividades para reflexionar sobre o gran problema da violencia de xénero.
A organización INNOVAMOS da Coruña ofreceunos un Contacontos titulado "Pepuka y el monstruo que le robó la sonrisa".
Posteriormente o alumnado participou nun taller creativo no que debuxaron á protagonista sobre un folio de cor violeta.
Para finalizar xuntámonos no patio e fixemos un gran lazo humano.
mércores, 11 de decembro de 2019
MAGOSTO NO WENCESLAO
Este ano no cole do Wenceslao, decidimos facer uns xogos moi chulos para celebrar o Magosto.
Días antes decoramos o cole con motivos de Outono e preparámonos para papar castañas a esgalla...
O Venres enchémonos coas castañas que estaban riquísimas, aínda que algún gusaniño vimos... e despois dispuxémonos a xogar a uns xogos súper divertidos, tanto foi así que soou a música e aínda estabamos a xogar.
Así quedamos fartiños de castañas e con moitas ganas de volver a desfrutar o ano que ven....
Días antes decoramos o cole con motivos de Outono e preparámonos para papar castañas a esgalla...
O Venres enchémonos coas castañas que estaban riquísimas, aínda que algún gusaniño vimos... e despois dispuxémonos a xogar a uns xogos súper divertidos, tanto foi así que soou a música e aínda estabamos a xogar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)