luns, 20 de xaneiro de 2014

Día da Paz

ImageChef Word Mosaic - ImageChef.com

O vindeiro xoves día 30 de xaneiro celebrarase, como todos os anos, o Día Mundial da Paz. Dende as diferentes aulas e niveis están a preparar unha imaxe ou varias sobre a temática da paz. En poucos días veredes o resultado neste blog.

martes, 10 de decembro de 2013

O Nadal está a piques de chegar


Xa queda menos tempo para o Nadal, esa data tan importante que moitos de vós tedes marcada no calendario. Dende o colexio estamos a realizar unha serie de murais para conmemorar esta festividade. Quédavos aquí unha pequena mostra do que levamos feito ata agora. Isto só é o principio.

luns, 18 de novembro de 2013

FESTA DO OUTONO (Infantil, 1º e 2º ciclo de Primaria)


Estreamos un novo blog co obxectivo de plasmar todas as celebracións que realicemos no colexio. Xa vedes que empezamos forte, cun traballo moi vistoso e que ten como eixo central a estación do outono. Dende aquí queremos dar as grazas a tódalas persoas implicadas neste grandísimo proxecto xa que sen a súa colaboración este traballo non sería posible: nais e pais, profesores e profesoras, equipos de dinamización, e sobre todo, os principais protagonistas: os alumnos e alumnas do centro. En definitiva, moitas grazas a toda a comunidade educativa. DESEXAMOS QUE A TODOS VÓS VOS GUSTE ESTA PRESENTACIÓN A MODO DE MONTAXE. DISFRUTÁDEA.