Unha nova forma de realizar presentacións. Esperamos que vos guste.
xoves, 6 de novembro de 2014
mércores, 5 de novembro de 2014
Charla micolóxica
Premede na imaxe para ver a montaxe que se fixo sobre a charla de cogomelos que tivo lugar no día de hoxe no colexio destinada para o alumnado de 6º de Primaria.
Samaín 2014
Menuda colección de cabazas máis alucinantes!! Cada unha coas súas características particulares. Premede na fotografía se queredes ver a exposición de cabazas realizada no colexio o xoves 30 de outubro.
Moitas grazas a todos/as pola vosa participación.
mércores, 11 de xuño de 2014
Exposición "Noutrora"
Dende o venres 30 de maio ata o 6 de xuño puidemos desfrutar da exposición Noutrora no salón de actos do colexio.
A exposición, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, estaba composta por obxectos antigos aportados polas familias, obxectos que formaron parte da nosa historia e que quedaron hoxe en día en desuso.
O obxectivo pedagóxico desta iniciativa consistía en darlles a coñecer ás rapazas e rapaces a evolución no tempo dos obxectos que nos rodean, recoñecer e asociar determinados obxectos aos vellos oficios e, indirectamente, dar a coñecer os nosos costumes e certas tradicións.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo directivo do centro queren agradecer a participación de toda a comunidade educativa na montaxe desta exposición, en especial ás familias.
luns, 5 de maio de 2014
Mantén limpo o teu cole
Esta presentación é un resumo da vosa participación no concurso "Mantén limpo o teu cole". Lembrade que o obxectivo era concienciarvos da importancia de manter limpos os espazos que compartimos, entre eles loxicamente está o noso colexio.
Todo isto non servirá de nada se seguimos botando lixo ao chan. Non costa ningún traballo dirixirse ás papeleiras, así que adoitade boas prácticas e...
"MANTEÑAMOS LIMPO O NOSO COLE"
Todo isto non servirá de nada se seguimos botando lixo ao chan. Non costa ningún traballo dirixirse ás papeleiras, así que adoitade boas prácticas e...
"MANTEÑAMOS LIMPO O NOSO COLE"
xoves, 20 de marzo de 2014
ENTROIDO 2014
O día 28 de febreiro celebramos no centro a festa do Entroido. O colofón final foi o desfile, pero anteriormente houbo un traballo previo a nivel de aulas, de ciclos, de equipos, de traballo nas casas...
Quixemos xuntar todos estes momentos nesta presentación e este foi o resultado do noso bosque "entroidado". Premede na ventá para poder visualizalo e desactivade o símbolo do son para escoitar a música de fondo. Para que vaia sincronizada imaxe e música tedes que facelo na primeira imaxe da presentación, a do esquío. E lembrade que para que despois non se vexan os iconos de "play", "stop" e "audio" tedes que mover o símbolo da man cara a esquerda ou dereita da pantalla.
Desexamos que vos guste.
sábado, 25 de xaneiro de 2014
luns, 20 de xaneiro de 2014
Día da Paz
venres, 20 de decembro de 2013
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


