Hoxe, como era o día do libro, fixemos algo especial. Saímos ó patio a ler os nosos libros favoritos!!!
luns, 23 de abril de 2018
mércores, 4 de abril de 2018
VISITA SÉS
Hoxe tivemos a sorte de contar no cole con SÉS, cantante e compositora galega.
Para conmemorar o 8 de Marzo, Día da Muller, a rapazada de 6º de Primaria escolleuna para traballar a súa biografía e coñecer máis sobre a súa carreira musical.
Encantounos coñecela, estivo moi cercana, cariñosa e amable!
Mil grazas por vir a coñecernos!
martes, 20 de marzo de 2018
CELEBRAMOS A SEMANA DAS TIC ...
Nesta última semana do trimestre celebramos no colexio a Semana das TIC. Como é o mes da muller desenvolveremos unha actividade baseada na lectura de códigos qr. A través da actividade coñecemos a varias mulleres artistas que fixeron historia.
Como complemento á actividade, os maiores do colexio traballamos coa seguinte actividade Lim.
Aquí tendes un vídeo sobre a actividade! Noraboa polo resultado a todxs!!!
Aquí tendes un vídeo sobre a actividade! Noraboa polo resultado a todxs!!!
sábado, 24 de febreiro de 2018
Entroido 2018: Aprendendo a pensar!
Este ano celebramos o Entroido baixo o lema "Aprendendo a pensar", que cada grupo interpretou dende o seu punto de vista: Tivemos contos, oficios, superhéroes, a selva, personaxes pioneiras,...
Ahí van algúns vídeos da celebración que fixemos no polideportivo. Pronto teremos máis!
Noraboa polos vosos disfraces!!!
Ahí van algúns vídeos da celebración que fixemos no polideportivo. Pronto teremos máis!
Noraboa polos vosos disfraces!!!
martes, 30 de xaneiro de 2018
Día da PAZ 2018
Para celebrar o día da PAZ 2018, este ano cantamos todos xuntos esta canción de Macaco. Ademáis intercambiamos mensaxes metidas nunha botella entre os diferentes cursos!
luns, 18 de decembro de 2017
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
No día contra a violencia de xénero fixemos estas fotos tod@s xunt@s para manifestar o noso rexeitamento a estas actitudes e comportamentos.
Nas diferentes clases tamén traballamos sobre este tema para intentar que no futuro non teñamos a necesidade de manifestarnos ó respecto.
luns, 13 de novembro de 2017
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Este ano celebramos o Magosto comendo castañas e con xogos no patio. Aínda que o tempo ameazaba con chuvia, escampou para poder gozar destes divertidísimos xogos.
martes, 27 de xuño de 2017
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)