mércores, 11 de xuño de 2014

Exposición "Noutrora"


Dende o venres 30 de maio ata o 6 de xuño puidemos desfrutar da exposición Noutrora no salón de actos do colexio.
A exposición, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, estaba composta por obxectos antigos aportados polas familias, obxectos que formaron parte da nosa historia e que quedaron hoxe en día en desuso.
O obxectivo pedagóxico desta iniciativa consistía en darlles a coñecer ás rapazas e rapaces a evolución no tempo dos obxectos que nos rodean, recoñecer e asociar determinados obxectos aos vellos oficios e, indirectamente, dar a coñecer os nosos costumes e certas tradicións.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo directivo do centro queren agradecer a participación de toda a comunidade educativa na montaxe desta exposición, en especial ás familias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario